"Iré a Piornedo a tocar la pandereta aunque tenga que ser con cayado"

Marilú do Corralín é a tocadora que será homenaxeada na décima sexta edición da Festa da Pandeira, que este sábado día 26 se celebrará en Piornedo da man da asociación O Teixeiro
undefined
photo_camera Marilú do Corralín. EP

"Vivan los cabellos rubios/vivan los rubios rubiales/ vivan los de mi morena/ que son rubios naturales", canta Marilú do Corralín por teléfono dende Sisterna, no municipio asturiano de Ibias. É unha das cancións que máis toca coa súa pandeira, pandereta neste occidente asturiano, e que lle deu a sona pola que este próximo sábado, o 26 de agosto, será a muller homenaxeada na décimo sexta edición da Festa da Pandeira de Piornedo.

"Esa canción me la aprendió mi padre", conta. O seu pai que tamén foi quen lle armou a súa primeira pandeira. Recorda de que material? "No me acuerdo de lo que comí este miércoles, pero de eso no me olvido. Era de piel de corzo. Eso sí que tocaba, nena", conta. Seu pai, Manuel do Corralín, a quen máis ben chamaban coma ao seu avó, Donís, era un bo cazador. Tamén era un bo home, di. "En aquel momento había mucho machismo, yo también lo sufrí. Pero a mi padre no le importaba nada lo que dijesen, eso de que la pandereta era de mujeres. Si había que tocar para que nosotras bailásemos, tocaba", cuenta.

Así que, con dez anos, o corazón de Marilú xa se axustou ao bater deste instrumento. "Yo era feliz con la pandereta en la mano", di. Tan feliz como a súa tía Pura, que o dela xa non era só cousa de habelencia, senón de liberdade, de xogo. "Era la hermana de mi padre. Ella a la pandereta le hacía hablar. Se ponía a tocar y los ojos se le alumbraban, como si estuviese en el sitio más bonito del mundo. Yo soy otra Purina. Y mi hija Rosa, que ahora también se dedica a elaborar ese instrumento", dice.

É a séptima vez que Marilú do Corralín vai a Piornedo, á Festa da Pandeira, que organiza a Asociación O Teixeiro. "Iré siempre, aunque vaya con un cayado", conta. "He tenido mis problemas en la vida, pero esto no me lo quita nadie",

Transmisión. Á casa de Marilú, en Sisterna, achégase moita xente para saber do seu toque de pandeira, e tamén do repertorio. Tanta que, grazas á súa transmisión, ela mesma se sorprendeu de escoitar músicas dela nalgunha festa. "Mira! Es la que tocas tú! Me dijo una amiga hace poco en Gijón. Pues déjale que toque, le dije yo, para que no muera", comenta.

Cada tocadora ten o seu xeito, como cada fala flexiona de maneira distinta nestes lugares entre Ibias e Degaña. "Nosotros hablamos la fala tixileira, la fala cunqueira", cuenta. Trátase dunha xerga que compartían todos os cunqueiros que, coma o seu avó, levaban consigo o torno para dar forma á louza, de Asturias a Extremadura. "También la manera de tocar cambia de un pueblo a otro. Fíjate que a veces nos juntábamos para tocar las mujeres, y siendo una del Tablado, otra del Bao y yo del Corralín, pues tocábamos de manera diferente", conta.

Por iso, para ela, sempre foi emocionante ir a Piornedo, "y ver a las mayores con ese arraigo de venir y tocar y cantar, con toda la ilusión. Y es que... no sabes la vida que me dio la pandereta", di.

Programa: unha cita co patrimonio musical
A décimo sexta edición da Festa da Pandeira comezará ás 10.30 horas o día 26, cun obradoiro aberto de bailes tradicionais da serra que impartirá Luís Prego. De 11.30 a 12.30 haberá outro obradoiro de iniciación aos toques da pandeira, que impartirá Chisco Feijóo. Ás 13.00 horas chegarán as tocadoras e colaboradoras a Piornedo dende os seus lugares de residencia, e será o momento das presentacións. O xantar de homenaxe será ás 14.00 horas, e para asistir será preciso un convite. As tocadoras despregarán o seu saber de 16.30 a 18.00 horas. Neste intervalo, haberá un coloquio no que participarán Amparo Voces (La Chana, Borrenes, León), Inés de Naipes (Donís, Lugo), María de Alonsico (Suarbol, León) e Marilú del Corralín (Degaña, Asturias). Presentará Xermán Muíños, e colaboran Branca Villares, Luís Prego, Chisco Feijóo, María Vidal, David Cárcamo, Ismael Carcedo, Rafa Busto e Pichi Abollado.
Documental

O documental ‘Axudádeme a cantar’ presentarase ás 18.30 horas. Trátase dunha peza elaborada polo Consello da Cultura Galega, cun capítulo sobre Piornedo.
Música e baile da zona

Das 18.30 ás 19.30 haberá música e baile da zona. Participarán neste encontro José Uría (Padornelo, Cervantes), os bailadores Olivia e Manuel (Vallo, Navia de Suarna), a bailadora e o cantador José e Celsa (Savane de Ventosa, Navia de Suarna) e José de Agustín (Vilar de Donís, Cervantes).
Actuacións

De 19.00 a 21.00 horas haberá distintas actuacións. Os colaboradores especiais deste ano son Soltxu de Cantabria, David Cárcamo, Edilberto Rodríguez e Cris Zagaleja. As escolas e grupos que actuarán serán o grupo de alumnas da Tradescola, Abelladeira, Vanessa e María Castro, Antaruxas e Sorteiros da Fonsagrada, Son de Cores, Escola municipal de música de Bembribre, O Xeito e Os Gaioleiros. De 21.00 a 22.00 será a quenda das actuacións libres. Logo da cea, a polavila continuará a partir das 23.00 horas.

Comentarios