O GES de Becerreá suspende a folga porque "os servizos mínimos non garanten a cobertura"

Estaba convocada como resposta ao Ere de extinción

Una intervención del GES de Becerreá. ARCHIVO
photo_camera Una intervención del GES de Becerreá. ARCHIVO

O GES de Becerreá anunciou este mércores que suspenderá a folga que prevían iniciar este xoves con carácter indefinido. A decisión, segundo indican dende o Grupo de Emerxencias, débese a que o Concello estableu quendas dunha única persoa para garantir os servizos mínimos fronte a emerxencias, cando o grupo está integrado por once efectivos. "É imposible garantir as emerxencias cunha única persoa, e nós dixemos que iamos cubrilas ata a fin", comentou un dos integrantes.

A folga estaba convocada como resposta ao Ere de extinción que afecta a toda plantilla e que, de ser efectivo, remataría cos postos de traballo e co servizo de emerxencias para a comarca da Montaña o 31 de decembro, data de finalización do convenio trienal.

Este xoves celébrase outra reunión da mesa de negociación neste proceso. Os traballadores están convencidos da ilegalidade do despido e irán aos tribunais para defender os seus postos e o servizo.

Comentarios