lunes. 22.07.2019 |
El tiempo
lunes. 22.07.2019
El tiempo

Galicia rexistra cinco terremotos entre o domingo e o luns, un deles en Baleira

Lugares onde tivieron lugar os terremotos. IGN
Lugares onde tivieron lugar os terremotos. IGN

Rairiz de Veiga, en Ourense, foi epicentro de tres deles

Galicia rexistrou cinco terremotos entre o domingo e este luns, tres deles no municipio ourensán de Rairiz de Veiga. O de maior intensidade alcanzou os 2,1 graos na escala de Richter. 

Segundo os rexistros do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), recollidos por Europa Press, na xornada do domingo 14 de abril houbo un sismo ás 21.45 horas de 1.8 graos na escala de Richter en Rairiz de Veiga. No mesmo municipio rexistrouse outro terremoto ás 17,37 horas de 2.1 graos. 

Así mesmo, este luns 15 de abril ás 2,12 horas tivo lugar outro terremoto na localidade de Rairiz de Veiga de 1,7 graos na escala de Richter.

BALEIRA E COVELO 
Segundo os rexistros, ás 3.36 horas deste luns houbo outro sismo no concello pontevedrés de Covelo, de dous graos na escala de Richter, rexistrado a 25 quilómetros de profundidade. 

Mentres, sobre as 5.01 horas deste luns o Instituto Xeográfico Nacional rexistrou un terremoto de 1,8 graos de magnitude no termo municipal de Baleira (Lugo). 

Galicia rexistra cinco terremotos entre o domingo e o luns, un...
Comentarios