A Fonsagrada acolle este domingo o vixésimo terceiro Xantar Gaiteiro

No transcurso do acto renderase unha homenaxe a músicos da zona


A Fonsagrada acollerá este domingo a vixésima terceira edición do Xantar Gaiteiro, encontro anual e itinerante organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

A programación arrancará ás 12.30 horas cunha visita ao Museo Etnográfico Comarcal da Fonsagrada. A continuación haberá unha ruta polos bares da vila e a partir das 14.30 terá lugar o tradicional Xantar  Gaiteiro no restaurante O Piñeiral. O menú custará 20 euros por persoa e pódese reservar nos números de teléfono 986.84.70.74 ou 982.22.99.66.

No transcurso do acto renderase unha homenaxe a músicos da zona, como Nela de Bres, Constante de Valiña, Otilio da Burela, César de Montixo, Siderio de Vilarmide, Modesto de Murias, Hilario Lombardia, Corredoira, Juano, Paradiñas e Dositeo do Fito.

Comentarios