martes. 22.06.2021 |
El tiempo
martes. 22.06.2021
El tiempo

A Fiscalía investiga incendios por queimas de Medio Rural no Courel e na Fonsagrada

Detalle de varios árboles calcinados, este lunes, tras estabilizarse el incendio forestal declarado en Monterrei. EFE
Terreo queimado. ARQUIVO
A plataforma Por un Monte Galego con Futuro asegura que a Administración realizou queimas supostamente preventivas que orixinaron incendios forestais que destruíron terreos protexidos

A plataforma Por un Monte Galego con Futuro promoveu ante a Fiscalía de Ourense e Lugo a apertura dunha investigación penal polos incendios forestais acaecidos no mes de abril a causa das queimas levadas a cabo pola Consellería do Medio Rural na Serra do Courel e no monte Muradal, na Fonsagrada. Esta plataforma denuncia a posible comisión dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, tipificado no artigo 325 do Código Penal.

Os seus responsables sinalan que en marzo e abril, a Administración, "con absoluto desprezo ao risco de incendio dadas as condicións meteorolóxicas", realizou queimas supostamente preventivas que orixinaron incendios forestais que destruíron terreos protexidos, ademais de xerar un notable gasto.

No caso do Courel houbo que mobilizar cinco helicópteros, dous avións de carga en terra, buldózeres e varias motobombas e brigadas forestais.

A Fiscalía investiga incendios por queimas de Medio Rural no Courel...
Comentarios