sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

Finxen ser revisores da luz para roubar en vivendas de A Fonsagrada

Cuadro eléctrico. AMA
Cuadro eléctrico. AMA

A Fonsagrada rexistrou nestes últimos días varios roubos perpetrados por cacos que se fixeron pasar por traballadores dunha empresa de subministración eléctrica. Coa escusa de revisar o contador da luz ou incluso de solicitar algún recibo, os delincuentes puideron acceder ao domicilio dalgún veciño.

Polo momento hai constancia de dous roubos de diñeiro en efectivo en dúas casas de dúas aldeas distintas. As vítimas de ambos son persoas maiores, segundo puido saber este medio. O alcalde da Fonsagrada, Carlos López, alertaba onte aos veciños desta situación nova para o municipio, xa que "nunca tiña pasado algo así", indicou sobre uns incidentes que sen embargo si tiveron antecedentes noutros municipios da provincia, como O Courel.

O Concello alertou aos veciños da situación polas redes sociais, e puxo sobre aviso á Garda Civil. López fixo fincapé na importancia de constrastar que as persoas que chaman á porta das casas sexan traballadores dunha empresa oficial, para o que os instou a poñerse en contacto coas autoridades municipais e coa Benemérita.

Finxen ser revisores da luz para roubar en vivendas de A Fonsagrada