"Estase vivindo con calma e respecto"

A Fonsagrada é, xunto con Negueira de Muñiz, un dos poucos concellos onde non constan casos positivos de Covid-19. Aínda así, os veciños dan exemplo á hora de manter o confinamento

 

Rubén Fernández entrega unha bolsa a un veciño da Fonsagrada.  XESÚS PONTE
photo_camera Rubén Fernández entrega unha bolsa a un veciño da Fonsagrada. XESÚS PONTE

A furgoneta de Congelados AsturGalaicos é dos poucos vehículos que circulan polo concello da Fonsagrada, e tamén por Negueira de Muñiz, e faino para que ninguén teña que moverse para ir ás compras. Antonio Abraira, de Paradavella, é unha desas persoas. Só vai á capital do municipio a por menciñas ou butano.

Ao volante da furgoneta está Rubén Fernández. Cada día segue unha ruta diferente para recorrer as aldeas da montaña, tamén do lado de Asturias. É o seu traballo habitual, aínda que agora cómpre facelo con guantes e mascarilla e desinfectar a miúdo todo o furgón. A xente tamén se afixo a esta situación, e cada día comproba como cumpren as normas da seguridade. "Temos que coidar da xente maior, que é a que ten máis risco", di. O seu traballo xa tiña unha dimensión social importante, que agora é maior.

Entrando na vila fonsagradina, Fe Rodríguez sae do seu almacén de piensos (Piensos Biona) con dous sacos nunha carretilla. O seu negocio non é dos máis afectados aínda que as ventas baixasen, pero agora leva ela a mercancía ás casas, "porque a xente ten medo".

José Landeira sigue atendendo a librería que leva o seu apelido. "Está aberta porque teño posto de prensa pero tiña que estar todo cerrado", comenta. Está preocupado porque tamén vende productos relacionados coa apicultura, e agora que comeza a tempada non sabe como os vai distribuír. 

José Landeira na súa libraría. XESÚS PONTE

A escea da rúa principal é desoladora, sen xente nin coches. Só os traballadores do Concello limpan as rúas. Tampouco das ventás se asoma ninguén, e só se escoita algo de balbordo nos poucos sitios abertos.

Na farmacia Manuel Barreira atenden a distancia detrás duns parapetos. Seguen os protocolos de seguridade e incrementaron a limpeza, sobre todo no cambio de turno para deixar todo ben des- infectado. "Os clientes respectan as medidas de prevención", di Barreira. Os taxistas acoden coas tarxetas da xente maior a buscarlles menciñas, e tamén lles levan comida e produtos de limpeza.

Na gasolineira, José Antonio Suárez atende cunha pantalla no rostro, "máis cómoda cá mascarilla", comenta. Detrás del hai un cartel pegado no surtidor que pon 'No es necesario que se baje. Esta- remos encantados de atenderle. Gracias'. Antes estaban dous operarios por turno e o xefe, pero ago- ra só un . "Baixaron moito as vendas, xa que a xente móvese pouco e o transporte é menor", di.

José Antonio Suárez atende cunha pantalla no rostro. XESÚS PONTE

O momento máis duro é, sen embargo, para os negocios que están pechados. O propietario do Cantábrico, José Lombardía (máis coñecido como Bolaño) prefire non pensar nas perdas. A cuarentena tampouco é doada, "pois estamos afeitos a traballar todo o día e non sabemos que facer, comenta".

Aínda así o rexedor, Carlos López, destaca que os veciños están vivindo este tempo "con moita tranquilidade e respecto". Ade-mais, se de algo teñen que alegrarse no municipio é de non ter, polo momento, ningún positivo por Covid-19, como tampouco en Negueira de Muñiz.

Dende o inicio da crise, o mesmo alcalde ofreceuse a facer a compra aos veciños e a levarlles menciñas. "Cada día saímos a sete ou oito aldeas", indica.

A brigada de obras está desinfectando a residencia pública e as catro privadas, así coma os establecementos que continúan abertos. Tamén repartiron mascarillas doadas por voluntarias "que as fixeron de forma altruísta".

De volta para Lugo, ao pasar de novo por Paradavella, un home maior fai autostop. Non sei se terá moita sorte, non é a mellor época para que che paren.

Comentarios