Detidos os autores dun roubo de 38.000 euros nun domicilio de Baralla

No asalto participaron polo menos tres persoas
Guardia Civil. AEP
photo_camera Guardia Civil. AEP

A Garda Civil detivo os presuntos autores dun roubo nunha vivenda do municipio de Baralla, propiedade dunha familia que rexenta un negocio de hostalería. Os delincuentes entraron na casa e subtraeron 38.000 euros en efectivo. Neste asalto participaron polo menos tres persoas —duas delas veciñas de Lugo e a outra, do Corgo—, aínda que a operación segue aberta, segundo indicaron fontes do instituto armado.

Dous dos detidos son considerados os autores materiais do roubo e outra persoa estaría implicada como cómplice. Este último individuo foi o que notificou aos seus compinches que a vítima tiña unha importante cantidade de diñeiro gardado no interior da súa residencia nese momento. Ao parecer, os cartos procedían dos ingresos obtidos polo empresario no seu negocio.

Os presuntos autores do roubo terían aproveitado os cartos subtraídos para adquirir dous coches de gran cilindrada, pasar xornadas de ocio en hoteis e outros gastos. 

As investigacións levadas a cabo pola Garda Civil permitiron apresar o pasado martes os supostos implicados neste delito, cometido hai uns meses, que foron postos a disposición da autoridade xudicial.