Creada a xestora dos populares de Cervantes, que está presidida por Óscar Fernández

Reunión constitución xestora do PP en Cervantes. EP
photo_camera Reunión constitución xestora do PP en Cervantes. EP

O PP de Cervantes constituíu en días pasados a súa xunta xestora, que preside o técnico medioambiental Óscar Fernández Gómez. Tívose en conta «a opinión e o consenso dos afiliados locais», resaltou a dirección lucense do partido.

Ademais dos membros natos —os edís Javier Santín Vilor, Marcos Rodríguez Santín e Manuel González López—, integran a xestora Raquel Fernández Méndez, Carlos González Méndez, Javier González Méndez, Manuel López González, José López Fernández e Fidel Trabado Pérez.

Comentarios