martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo

"No Cow Friday regalamos un lote de carne de tenreira pola compra doutro"

Román Sánchez. AEP
Román Sánchez. AEP
A iniciativa, impulsada pola cooperativa Carqueixa, xurdiu o ano pasado coa intención de promocionar o sabor dos Ancares

As ofertas comerciais que caracterizan a semana do Black Friday teñen a súa réplica en Cervantes co Cow Friday, unha iniciativa que por segundo ano consecutivo impulsa a cooperativa Carqueixa coa intención de promocionar o sabor dos Ancares a través dun dos seus produtos máis emblemáticos, a carne de tenreira galega.

Como xorde esta iniciativa?

O vindeiro venres 27 é mundialmente coñecido como o Black Friday e as súas grandes ofertas comerciais. Nós decidimos adaptalo á nosa iniciativa de O sabor dos Ancares e denominalo o Cow Friday, o venres das vacas.

En que consiste a oferta que poñerán en marcha?

Este ano pola compra dun lote de carne de tenreira galega suprema —o denominado chef— de cinco ou dez quilogramos regalamos outro para receitas tradicionais, é dicir, trátase dun 2x1.

Esta oferta só estará en vigor o venres?

Non, é unha promoción que se iniciou o luns 23 e que estará en vigor ata mañá venres, polo que se poden beneficiar dela todas as persoas que compren ao longo destes dous últimos días.

Por qué se aplica unicamente ao lote chef?

Decidimos aplicala ao lote chef porque é no que se atopan os cortes máis nobres da nosa carne, como xarrete, redondo, espaldilla, pez/llana, agulla e tamén carne tamén picada para poder facer elaboracións de tartar, albóndegas ou empanadas. O motivo de que con el regalemos o lote de receitas tradicionais débese a que esta época do ano é a ideal para elaborar callos, sopas ou caldos, aos que a nosa carne achega un plus de sabor.

Cal é o factor diferenciador da súa gama de produtos?

A Carqueixa é unha cooperativa formada por máis de 200 gandeiros, moitos dos cales aínda practican á transhumancia. Esto tradúcese en que ningunha das nosas vacas está estabulada, a súa alimentación é completamente natural ao aire libre e a súa xestión é 100% respectuosa co medio ambiente.

Como se poden adquirir os seus produtos?

Pódense comprar a través da nosa web www.osabordosancares.com. Na sección de tenda pódese elixir entre unha ampla oferta de produtos que nós nos encargamos de envasar e levarllo ata o seu domicilio para que lle chegue nunhas perfectas condicións para o seu consumo. Tamén se poden realizar pedidos chamando ao teléfono 670.30.03.80, no que tamén lle aclararemos calquera tipo de dúbida

"No Cow Friday regalamos un lote de carne de tenreira pola compra...
Comentarios