Continúan as protestas por unha sanidade digna para A Fonsagrada e Negueira

Desde o BNG reclaman ademais que se dote a veciñanza fonsagradina de atención de fisioterapia e xinecoloxía, para evitar os desprazamentos a Becerreá
Participantes na manifestación deste luns na Fonsagrada. EP
photo_camera Participantes na manifestación deste luns na Fonsagrada. EP

Veciños da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz volveron concentrarse ante o centro de saúde dos Chaos para reclamar unha sanidade digna para a zona, tal e como levan facendo cada luns desde o pasado mes de novembro.  

O BNG convocou de novo esta protesta que, ademais, coincidiu co arranque da lexislatura no Parlamento galego. Neste sentido, a responsable nacionalista na Fonsagrada, María Fernández, avanzou que "imos esixir que se restablezan os facultativos precisos para a atención sanitaria digna" en ambos municipios.

Tamén reclamou que se ofreza atención de fisioterapia e xinecoloxía para a veciñanza fonsagradina "sen ter que  desprazarse a Becerreá, o que implica traxectos de máis de hora e media; e non só o tempo, senón tamén que non hai posibilidade de usar transporte público".

Comentarios