A primeira edición da concentración de motos e coches clásicos dos Ancares, que á súa vez serviu como carta de presentación para a asociación Metaco, foi todo un éxito, e así o testemuñaron os 65 vehículos e arredor de 120 persoas que se citaron en Baralla para dar inicio a unha animada xornada.
Esta cifra superou as expectativas dos organizadores, os cales programaron unha ruta que levou condutores e acompañantes ata Navia de Suarna e Becerreá, onde celebraron un xantar de confraternidade e recibiron trofeos e agasallos.
