Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

O Concello renovará as rúas de Becerreá con 110.000 euros

A obra, da que se excluén as vías urbanas que lle competen a Xunta e Fomento, finánciase co plan único

O goberno local de Becerreá renovará o pavimento de practicamente todas as rúas do casco urbano con 110.000 euros do plan único, un programa impulsado pola Deputación e no que os concellos tamén colaboran nas obras cunha achega económica.

Segundo detallou o alcalde, Manuel Martínez, só quedarán excluídos deste plan viario no casco urbano as avenidas de Quiroga e Sarria, das que é titular a Xunta de Galicia, e a travesía principal, coincidente co trazado da N-VI, que é competencia de Fomento.

Polo que atinxe a esta última vía, o rexedor lembrou que ten reclamado varias veces ao Goberno central que a amañe, ante o mal estado que presenta.

Martínez sinalou que unha vez que a Deputación dea o visto bo ás obras do plan único, en principio nos próximos días, o Concello iniciará o proceso para sacar a licitación estes traballos, coa intención de que estean listos antes de que remate o ano. Consistirán no reasfaltado das rúas cunha capa de aglomerado en quente menos grosa que nas estradas, duns tres ou catro centímetros, para evitar que non sobrepase as beirarrúas.

OUTRAS ACTUACIÓNS. O Concello tamén financiará cos cartos do plan único outras actuacións, como a rexeneración da estrada As Pontes de Gatín-A Golada (96.000 euros), a mellora do camiño da LU-P-0705 ao cruce de Bidueiras (32.000), a renovación do parque infantil situado a carón do concello (30.000) ou actuacións de mellora da eficiencia enerxértica (21.000).

O Concello renovará as rúas de Becerreá con 110.000 euros
Comentarios