Cervantes acolle o Encontro de Artesanía con produtos autóctonos

Encontro de artesanía de Cervantes. EP

O evento contaba con actividades como unha demostración de forxa en vivo e de oficios antigos como a malla

Cervantes acolleu este xoves a inauguración da VII Edición do Encontro de Artesanía da vila, que promove os produtos autóctonos e os oficios artesanais como sinais de identidade da zona. Á presentación acudiron a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, o alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, e a presidenta da Anpa da localidade, Isabel Calvete.

Durante o encontro, tamén se celebrou unha demostración de forxa en vivo e unha demostración de oficios antigos como a malla. Houbo concursos para os máis pequenos, concursos de pintura rápida e de fotografía.

Asimesmo, todos os visitantes puideron degustar produtos típicos da montaña como o mel, os embutidos ou o pan. Tamén houbo un taller musical co grupo Troupelear e disputouse o VIII Aberto de Bilarda do Urogalo.