Cervantes celebra os seus primeiros cantos de taberna con seis grupos e 13 locais

Haberá dous percorridos distintos nos que actuarán tres grupos en cada un e a meta será a mesma, unha gran foliada no Fabal
Un grupo toca nuns cantos de taberna. AEP
photo_camera Un grupo toca nuns cantos de taberna. AEP

Cervantes celebra o vindeiro sábado, día 8, a primeira edición dos seus cantos de taberna con seis grupos que percorrerán máis dunha ducia de establecementos. A cita está impulsada por Os Xardois e Os Gaioleiros, que contan á súa vez coa colaboración do Concello cervantego.

A xornada arrancará ás 15.30 horas no Fabal, concretamente no bar Carlos e en Casa Roxo, de onde partirán os dous itinerarios planificados.

O primeiro percorrido estará amenizado por Os Gaioleiros, Val de Láncara e Airiños do Neira, de Baralla, que porán música no Chiringo, na Chá; en Casa Belón e no bar Estanqueiro, en San Román; nos bares Zapateiro e O Campo, en Quindous, e no mesón Cuatrovientos, para rematar arredor das 22.30 horas con pinchos e unha gran foliada no Fabal.

A mesma meta será para os integrantes do segundo percorrido: Os Xardois, Abrente, das Nogais, e Toxo Queimado, do Cádavo. Eles visitarán os mesóns Novo e Campa da Braña, o hostal O Sesto, en Piornedo; o mesón Castelo de Doiras e a Campa de Vilarello da Igrexa.

Comentarios