A asociación Irmandade Naviega organiza a segunda edición dos cantos de taberna polos locais hosteleiros da Proba de Navia, unha cita coa que tamén colaboran o Concello, o hotel restaurante A Escola, o mesón Aarau e os bares El Recreo, H3, Ángel, Xegunde e Suarna.
O II Polavila Naviega celébrase este sábado a partir das 20.00 horas, cando un total de oito agrupacións comezarán a animar aos veciños da localidade. Serán Tanto Ten, Os do 13, Airiños do Neira, Os Gaioleiros, Sons Miño-Navia, Estoupafoles, Baixo da Saia e Pandereteiras de eiquí.