Buscan en Becerreá unha cadela desaparecida desde o pasado 5 de xaneiro

Antonella é unha husky de 3 anos e ollos azuis que portaba un colar de cor rosa
Antonella, a cadela perdida. DP
photo_camera Antonella, a cadela perdida. DP

Unha moza lucense busca á súa cadela, desaparecida dende o 5 de xaneiro na zona de Eixibrón. A mascota, que responde ao nome de Antonella, é unha husky de 3 anos e ollos azuis que portaba un colar rosa. Ademais, está esterilizada e posúe chip identificativo. 

No caso de atopala ou tela visto nalgún lugar, pode contactarse coa dona nos teléfonos 616026300 e 639015499. Ofrécese unha recompensa económica. 

Comentarios