lunes. 01.06.2020 |
El tiempo
lunes. 01.06.2020
El tiempo

Os bombeiros extinguen un incendio declarado nun bungaló no Courel

Bomberos sofocando el incendio en el bungaló. EP
Bomberos sofocando el incendio en el bungaló. EP
Non houbo que lamentar danos personais

O GES do Courel e Quiroga e os bombeiros de Monforte tiveron que actuar durante a madrugada deste domingo en Parada (O Courel) para sufocar un incendio orixinado nun bungaló do establecemento Casa Carbiña.

O lume orixinouse sobre a medianoite e foi sufocado ao redor das dúas da madrugada. Segundo apuntaron fontes consultadas por este diario non houbo que lamentar danos persoais, pero a metade do bungaló, que ao parecer estaba en obras, quedou totalmente calcinado. 

Algunhas hipóteses apuntan a que as chamas puideron orixinarse ao acender a cheminea unhas horas antes para pór a instalación a punto para retomar a actividade turística.

En casa Carbiña hai cinco bungalós. Nun deles hospedábase unha familia lucense que axudou a sufocar o incendio.

Os bombeiros extinguen un incendio declarado nun bungaló no Courel