José Antonio Díaz: "Este ano comercializamos uns 138.000 quilogramos de carne"

O presidente de A Carqueixa mostra a súa satisfacción por gañar o premio Aresa e tamén polos resultados de vendas durante o último ano, onde o mercado online foi todo un revulsivo
José Antonio Díaz, presidente de A Carqueixa. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera José Antonio Díaz, presidente de A Carqueixa. VICTORIA RODRÍGUEZ

A cooperativa A Carqueixa ten a súa orixe en 1994, ano no que se fundou para a comercialización conxunta de tenreiros cento por cento de raza galega, adquirir máis dimensión como colectivo e conseguir que os produtores de carne do concello de Cervantes fosen un sector máis forte e cohesionado no futuro. A día de hoxe esta asociación está formada por 215 cooperativistas, unha cifra que medra cada día. Souberon reinventarse ante as condicións que marcaba a pandemia coa venda de carne de calidade suprema por internet.

Como se sente despois de que a cooperativa que preside fose galardoada co premio que concede o Grupo Aresa?
Pois moi ben, moi contento porque este premio é o recoñecemento a un proxecto cooperativo que naceu nos Ancares, concretamente na parroquia de San Román, no que se pretende vender a maior cantidad de carne suprema de tenreira o todos os puntos do país.

Cando se formou esta sociedade cooperativa gandeira?
A cooperativa A Carqueixa fundouse no ano 1994. Daquela só eramos uns cantos gandeiros da parroquia de San Román dos Ancares, pero co paso dos anos sumáronse máis gandeiros de poblacións limítrofes como Navia de Suarna, Pedrafita, A Fonsagrada, Becerreá e As Nogais. O día de hoxe somos 215 cooperativistas.

"Entre todos os socios da cooperativa sumamos máis de 5.000 cabezas de gando. É unha media de 25 por socio"

Cal é a principal diferenza que presenta a carne da marca Sabor dos Ancares coas de outras firmas?
Toda a carne de cooperativa A Carqueixa procede de xatos de ata nove meses, que sempre foron criados con leite materna dun- has vacas que pastan en espazos abertos e naturais, xa que senón non podería levar a denominación de tenreira suprema. É unha carne dunha calidade extraordinaria.

Que cantidade de carne produciu a sociedade cooperativa A Carqueixa durante o ano pasado?
A Carqueixa comercializou uns 138.000 quilogramos de carne suprema de tenreira a todos os mercados onde se comercializa. Desa cantidade, concretamente o 30 por cento, comercializouse por vía telemática, uns 45.000 quilogramos. A venda online foi un éxito sobre todo durante a pandemia da covid-19.

Cales son os seus principais mercados de comercialización dentro do territorio nacional?Galicia en primeiro posto e despois comercializamos moitos quilos en Cataluña e en Madrid, onde se aprecia moito a calidade da carne dos Ancares.

Cantas cabezas de gando ten a cooperativa na actualidade?
Entre todos os cooperativistas temos máis de 5.000 vacas. Cada socio da cooperativa ten de media unhas 25 vacas, as que hai que sumarlle os xatos.

Cando se producirá a tradicional transhumancia de gando desde a provincia de Lugo ata a zona dos Ancares que pertence a Castela e León?
Quero aproveitar a entrega deste premio para convidar a todas as persoas interesadas en participar na transhumancia do gando, un percorrido que cada primavera repiten uns 15 gandeiros da nosa sociedad cooperativa A Carqueixa para trasladar as nosas vacas desde a provincia de Lugo ata a parte dos montes dos Ancares situados en León

Comentarios