Amador Arias protagoniza o videoclip de 'Sobre o Volcán', o novo de Atrás Tigre

A peza, realizada polos tamén fonsagradinos Xiana Arias e Berio Molina, foi gravada nese municipio

O actor Amador Arias protagoniza o videoclip de Sobre o Volcán, o novo de Atrás Tigre. A peza, obra dos tamén fonsagradinos Xiana Arias e Berio Molina, foi gravada nese municipio.

No vídeo conxúgase a experiencia estética e paisaxista das imaxes da Fonsagrada, coa relación tenra e fraterna de Amador e Platero. 

Sobre o Volcán é o segundo adianto de Vinte Corenta, o novo EP do grupo, que se estreará o vindeiro xoves 3 de xuño en todas as plataformas.

A banda –formada por Pedro Solla e os viveirenses Olalla Cociña e Edu Poch– volve transmutada en trío, logo de dous anos de exploración no territorio da electrónica e da paisaxe sonora. 

Comentarios