A Xunta advirte a unha profesora da Pontenova por dar Matemáticas en galego

A profesora do instituto do concello lucense asegura que a chamaron desde a Consellería pola súa "desobediencia"

Pizarra de una clase de matemáticas. PIXABAY
photo_camera Pizarra dunha clase de matemáticas. PIXABAY

A profesora de matemáticas do Instituto de Educación Secundaria Enrique Muruais de A Pontenova Sabela Núñez denunciou a semana pasada nas redes sociais unha chamada dende a Xunta de Galicia para reprendela polas súas clases. Dende a Administración lembráronlle que "a matemáticas non poden impartirse en galego, que só poden ser en castelán ou... en inglés".

Núñez deu no seu escrito de Facebook unha razón pola que falaba en galego cos rapaces. "O 100% do alumnado é galegofalante. A profesora tamén e aprobou hai 28 anos unha oposición para ser docente en GALICIA (sic)", asegurou.

A publicación da docente continúa: "Cada inicio de curso comento na aula que no 2010 a Xunta sacou un Decreto que me 'obriga' a impartir as clases en castelán. Falamos do sentido común e seguimos a entendernos de marabilla na nosa lingua".

Fontes da Xunta recoñecían este luns que non podían entrar en detalles sobre o sucedido, pero si apuntaban que o decreto emitido pola Consellería de Educación é claro e establece unhas materias que se teñen que dar en galego e outras que se teñen que dar en castelán "para manter un equilibrio lingüístico dás dúas linguas cooficiais" e que neste caso a materia de Matemáticas encádrase nas que se imparten en castelán.

Comentarios