Un xabaril causou un accidente ao irromper na estrada xeral en San Román

Un xabaril que irrompeu na estrada xeral LU-862 na recta de San Román, no Vicedo, causou cando menos un accidente no que o vehículo implicado tivo escasos danos e a condutora, veciña do municipio, resultou ilesa.

Segundo indicaron desde Protección Civil, que acudiu ao punto pasadas as dez da noite do pasado luns, outro vehículo tivo que topar co animal antes, xa que estaba aturdido na calzada cando o alcanzou a muller.

Comentarios