Volve o Juepeo, os xoves en Viveiro Tapeo

Doce locales ofrecerán todos os xoves unha tapa ao prezo de 2,50€
Unha edición anterior do Juepeo. AEP
photo_camera Unha edición anterior do Juepeo. AEP

Volve o Juepeo, os xoves en Viveiro Tapeo. Este xoves 6 de outubro arrancou unha nova edición desta campaña do Centro Comercial Histórico de Viveiro, tras a parada nos meses de verán.

Son 12 os participantes desta nova edición
Restaurante O Muro - Mejillón gallego en escabeche casero
Vinoteca Los Leones - Fajita de pollo
El Tigre - Pizza Peperoni Restaurante
Casa Pepi - Solomillo con migas Mesón
O Recuncho -Tosta de raxo y cebolla caramelizada
O Rincon do Tronco - Huevo con chorizo
Asador La Quinta - Crep relleno de merluza y grelos sobre salsa de marisco
Gastrobar Hotel Urban - Mini pig roll
Atlántico Gastrobar - Codillo en salsa
Mesón A Ria - Zamburiñas
Pulpería O Panadeiro - Cordero asado con patatas y guarnición
Heladería Puerta Real - Creps con sirope de caramelo y filipinos


Ofrecerán todos os xoves unha tapa ao prezo de 2,50€. Esta xa é a oitava edición que se pon en marcha, unha inciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentándose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxetivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do Centro urbano de Viveiro, que esta edición amplía zona de participantes chegando ata Verxeles, onde se une como novo negocio participante Pulperia O Panadeiro.

Ás portas da fin de semana que mellor que ofrecerlle ós clientes unhas boas e variadas tapas a un prezo moi asequible. Só hai que darse unha volta un xoves de tapeo por Viveiro para ver o ambiente que se crea en torno ó Juepeo.

Seguiranse sorteando entre os clientes 200€ en vales de compra a consumir nos locales participantes, repartidos nun premio de 100€ e dous de 50€. A forma de participar é moi sinxela, con cada tapa entregase ó cliente una tarxeta para que vote que lle pareceu a tapa, cubre os seus datos e deposítaos nas urnas que haberá habilitadas en cada local. Por cada tapa que proben, unha posibilidade de gañar.