Volve o 'tapeo' a Viveiro cunha nova edición de Juepeo

Desde o 5 de outubro, catorce establecementos da vila ofrecerán todos os xoves unha tapa a un prezo de 3 euros
Un camarero de la taberna gastronómica Cornelius Viveiro lleva tres hamburguesas en una edición anterior de Juepeo. A. LÓPEZ
photo_camera Un camareiro da taberna gastronómica Cornelius Viveiro leva tres hamburguesas nunha edición anterior de Juepeo. A. LÓPEZ

Este xoves 5 de outubro comeza unha nova edición da campaña Juepeo do CCHV, tras a parada nos meses de verán. Desta vez, serán catorce os establecementos participantes: Muro Restaurante, Vinoteca Los Leones, El Tigre, Restaurante Casa Pepi, Cornelius, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Pulpería O Panadeiro, La Tortilla Maravilla e, como nova incorporación, únese Las Delicias de Belkis, un local de recente apertura. Ofrecerán todos os xoves unha tapa a un prezo de 3 euros.

Esta xa é a novena edición dunha inciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentandose como a alternativa de ocio. O obxetivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do centro urbano de Viveiro.

Ademais do agradable ambiente que se crea arredor do Juepeo, desde o CCHV volven poñer en marcha o D'Copeo para os amantes dun bo cóctel. Todos os xoves o Gato Pardo e o Tigre ofrecerán un cóctel distinto por 5 euros. Para este primeiro xoves os asistentes poderán desfrutar dun JagüerMojito no Gato Pardo e dun Mojito no Tigre.

Seguiranse sorteando entre os clientes 200 euros en vales de compra a consumir nos locais participantes, repartidos nun premio de 100 euros e dous de 50. A forma de participar é moi sinxela: con cada tapa entregarase ao cliente una tarxeta para que vote que lle pareceu a tapa, cubrirá os seus datos e depositaraos nas urnas que haberá habilitadas en cada local. Por cada tapa que proben, unha posibilidade de gañar.

Tapas do primeiro xoves de Juepeo
Muro Restaurante: Tosta de cecina, queso de cabra y tomate confitado
Vinoteca Los Leones: Pinchos morunos
Las Delicias de Belkis: Hamburguesa Belkis
El Tigre: Perrito Napolitano
La Tortilla Maravilla: Tortilla Maravilla con rallado de queso manchego
Restaurante Casa Pepi: Crep de merluza en salsa de coco
Mesón O Recuncho: Enchilada Hondureña
O Rincon do Tronco: Huevo con torrezno
Asador La Quinta: Zorza
Gastrobar Hotel Urban: Huevo roto con zorza y patatas panadera
Atlántico Gastrobar: Solomillo de cerdo a las 3 pimientas
Mesón A Ria: Cachopo de cerdo
Pulpería O Panadeiro: Pulpo al Ajillo con patata Panadera

Comentarios