miércoles. 20.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.01.2021
El tiempo

Viveiro suspende a recollida de datos para o cribado ao pasar de 1.000 peticións

Carteles de información sobre el coronavirus en un comercio de Viveiro. X.L.
Carteles de información sobre el coronavirus en un comercio de Viveiro. X.L.
O Concello non garante que o Sergas poida chamar a tódalas persoas que xa están anotadas

O gran volume de solicitudes recibidas para realizar as probas PCR dentro do cribado masivo a efectuar este domingo no pavillón municipal de Viveiro leva ao Concello viveirés a suspender a recollida de datos. Tampouco garante que o Sergas poida chamar a tódalas persoas que se apuntaron, porque xa se sobrepasan as 1.000 peticións.

O Concello entende cumprido o obxectivo do cribado coas persoas que xa están anotadas neste momento, "o que permitirá detectar casos asintomáticos, coñecer a incidencia que hai no municipio e, como consecuencia, aplicar restricións máis duras, de ser necesarias".
 
Dende o goberno municipal agradecen a elevada participación, "pois cremos que coa colaboración de todos os veciños e veciñas de Viveiro imos conseguir frear a cadea de contaxios e superar esta situación".

Viveiro suspende a recollida de datos para o cribado ao pasar de...
Comentarios