O Concello de Viveiro celebra este venres a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte. O acto será ás oito e media da tarde no teatro Pastor Díaz coa presenza do escritor Suso de Toro e da gañadora desta edición, Irene Rega Jul coa obra Tecendo redes, xunto ao finalista Francisco Vidal Blanco, autor de As cartas do desarraigo.
“Parabéns aos dous escritores premiados neste certame que gaña recoñecemento e consolidación cada ano. Un certame que impulsa sen dúbidas a creación literaria na nosa lingua”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
O xurado estaba composto por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, e as escritoras Eva Mejuto Rial e María Lado Lariño.