Viveiro acollerá a Feira do Libro desde o vindeiro sábado ata o mércores 15

O evento, que estará ubicado nos xardíns de Noriega Varela, contará con presentacións e sinaturas de libros, obradoiros e faladoiros, entre outras actividades

Cartel da Feira do Libro de Viveiro 2018
photo_camera Cartel da Feira do Libro de Viveiro 2018

A Feira do Libro chega a Viveiro este sábado 11 de agosto e, ata o mércores día 15, levará á cidade de Landro as últimas novidades editoriais. 

O evento, que terá lugar nos xardíns de Noriega Varela, abrirase o sábado as 18.00 horas, aínda que o acto de inauguración será hora e media despois, cun pregón infantil de Beatriz Díaz López, alumna do IES Vilar Ponte, e pregón oficial a cargo do escritor e xornalista Ramón Pernas.

Desde entón, e durante os seguintes catro días, a Feira do Libro, contará cunha morea de actividades para nenos e maiores, como presentacións e sinaturas de obras, faladoiros ou obradoiros. Este é o programa completo.

A feira, que organiza a Federación de Librarías de Galicia, abrirá en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.30 horas, e sobre o prezo de todos os libros aplicarase un desconto do 10 euros.

Más en A Mariña
Comentarios