miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

O viveirense Xan Xove toma posesión como deputado pola Coruña

Xan Xove, tras prometer o seu cargo no Hórreo. LAVANDEIRA JR
Xan Xove, tras prometer o seu cargo no Hórreo. LAVANDEIRA JR
Prometeu "por imperativo legal" acatar a Constitución e comprometeuse cos principios de "xustiza social" nunha intervención na que o presidente da Cámara, Miguel Santalices, interrompeu as súas palabras para dar comezo á sesión plenaria

Xan Xove, coruñés nado en Viveiro, tomou este martes posesión como novo deputado pola provincia da Coruña do Grupo Común da Esquerda despois da marcha da que fora parlamentaria autonómica Flora Miranda. 

Este militante da Marea Atlántica prometeu "por imperativo legal" acatar a Constitución e o Estatuto e comprometeuse cos principios de "xustiza social", "igualdade" e un "medio ambiente sustentable" nunha intervención na que o presidente da Cámara, Miguel Santalices, interrompeu as súas palabras para dar comezo á sesión plenaria. 

Deste xeito, Xan Xove ocupa o escano que Miranda deixou con motivo da ruptura do que era Grupo Parlamentario de En Marea ao producirse a marcha do que era o seu portavoz, Luís Villares, e outro tres parlamentarios ao Grupo Mixto. 

Previamente, en declaracións aos medios, Xove mostrouse ilusionado nesta nova etapa, na que espera "achegar" o seu "gran de area" para acabar coa "infame época de Feijóo" en "estes anos de PP que levaron a Galicia a unha ruela sen saída". 

Ademais, avanzou que formará parte da Comisión de Pesca e que terá unha "sensibilidade especial" cos asuntos da Coruña dada a súa condición de militante da Marea Atlántica. 

Precisamente, á súa toma de posesión asistiron varios militantes desta marea local, como o que fose alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. 

O viveirense Xan Xove toma posesión como deputado pola Coruña
Comentarios