domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

Visitas que veñen polo mar

Delfín común saltando preto dun barco nas costas galegas. AMA
Delfín común saltando preto dun barco nas costas galegas. AMA
Os lobos mariños chegan agora ás costas, onde son xa habituais golfiños e outros mamíferos

A Asociación de Veciños San Román do Vicedo organiza este sábado ás doce na escola de San Román do Vilar un curso de Tartarugas e Mamíferos Mariños, moi oportuno para coñecelos máis a fondo porque "a costa da Mariña de Lugo é visitada habitualmente por estas especies, destacando neste momento a tempada de lobos mariños que xa empezaron a chegar a Galicia".

A Asociación de Veciños de San Román resalta que leva tempo colaborando coa Rede de Varamentos de Galicia, xestionada pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), no seguimento destas especies na zona do Vicedo, trasladando alertas de varamentos e recollendo información destes exemplares.

A asociación sinala que o curso conta coa colaboración da Deputacion Provincial de Lugo a través dunha axuda económica para que o proxecto se poida levar a cabo. Tamén conta co apoio da propia Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, que despraza im técnico para levar a cabo a iniciativa. "O sábado contaremos con Alfredo López, un especialista da entidade e doutor en Bioloxía, que nos falará das especies mariñas protexidas presentes na Mariña de Lugo e costa do Vicedo, do relevante desta costa na historia da caza da balea, da importancia de manter o léxico marítimo e da asistencia aos animais varados", sinalan Rubén e Maribel dende a asociación de San Román do Vicedo.

A Asociación de Veciños de San Román organiza este sábado un curso sobre tartarugas e mamíferos mariños

Tamén teñen previsto editar un libriño en formato guía de campo, que contará con descricións das distintas especies, datos relativos aos varamentos na zona e protocolos de actuación diante dos animais observados ou varados, bastante abundandes entre a Estaca de Bares en O Vicedo. Dita publicación será presentada no mesmo evento e estará impresa nas vindeiras semanas, segundo dixero co obxectivo de contribuír á divulgación das especies protexidas. A asoción pensa facela chegar aos colectivos e centros de ensino da zona.

Estes días de descanso tamén se espera unha maior afluciencia de xente pola zona, tanto ás praias como na baixada ata o Fuciño do Porco.

XOGOS DE MESA E VIAXE. Por outra banda, para estes últimos días do ano están preparadas dúas actividades no Concello de O Vicedo.Hoxe mesmo, en horario de tarde (das 16.30 horas ás 19.00 horas) pódese gozar dunha tarde de xogos de mesa, destinada a nenos e nenas maiores de oito anos e adultos. Dende o Concello din que teñen preparados numerosos xogos como poden ser Tabú, Scattergories, Pasapalabra, Pictionary, Party & Co, 4 en liña, Parchís, Oca, Scrabble, Monopoly, etc.

E este sábado teñen previsto realizar a tradicional viaxe a Xuvenlugo, evento situado no recinto feiral de Lugo e con numerosas atraccións de feira, actividades, ludoteca,etc). Para poder ir ata a capital luguesa nesta xorai que anotarse na Casa da Cultura do Vicedo antes das dúas da tarde de hoxe pois é gratuito para os nenos e nenas menores de 18 anos e os seus acompañantes.

Trátase dunha actividade familiar que se ven organizando desde hai moitos anos e que gusta tanto a nenos como adultos nestas datas do Nadal, segundo destacan dende o Concello.

Visitas que veñen polo mar
Comentarios