viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

Anxo Castiñeira explica nun libro que viaxar é "a mellor universidade do mundo"

Anxo Castiñeira, nunha das súas viaxes
Anxo Castiñeira, nunha das súas viaxes
O aventureiro ten percorrido medio mundo en moto, na que leva o necesario para subsistir

Hai só uns días que tivo nas mans a súa "criatura", un libro feito co corazón, co que busca explicar á xente a diferencia entre facer turismo e viaxar. Esto último é o que fai Anxo Castiñeira, un veciño de Foz de 55 anos de idade que ten percorrido coa súa moto medio mundo, pero a súa obra, "La Ignorancia de viajar", non vai de experiencias, senón de crítica e motivación a partes iguais.

A idea do libro xa lle rondaba hai tempo pola cabeza, pero non foi ata o ano pasado cando comenzou a darlle forma e xa anuncia que é un libro "tolo", pois «non ten relación o que se vai escribindo para que non esperes o que vai vir despois», cuenta, recordando que "tamén vai algunha anécdota", coas que augura "sorrisos".

A primeira das críticas é ao postureo en que se teñen convertido algunhas viaxes. "O turismo está ben para desconectar da rutina diaria, aínda que a xente ás veces volve máis estresada, por iso a min o que me gusta é viaxar e involucrarte coas persoas, aprender para poder criticar despois", conta. Iso é precisamente o motivo de que evite as cidades, pois "nelas non podes conversar porque non hai tempo e sobra a desconfianza, a xente está impregnada da enfermidade do século XXI, que non é o coronavirus, é o medo".

O aventureiro sempre viaxa en moto, pois nunca puido desprenderse desa sensación de liberdade que lle dan as dúas rodas dende que a descubriu con nove anos. E iso que un acccidente obrigouno a estar apartado delas sete anos, dous sen camiñar sequera, pero iso «xa pasou» e gústalle mirar adiante e non atrás, agás que sexa para rememorar esas noites no deserto, «co silencio do silencio» ou revivir eses amenceres que só a memoria pode reter coa nitidez da que ningunha cámara é capaz.

Eu saco o café e unhas gotas de augardente da terra, que sempre levo, e axiña fas amigos

Sensacións que, ben sabe el, compensan todo, pois "viaxar é a mellor universidade do mundo e, ademais, saltas a teórica e vas directo á práctica", relata, ao tempo que conta que a xente maior adoita ser a máis aberta e que non fai falla saber idiomas para entenderte. "Eu saco o café e unhas gotas de augardente da terra, que sempre levo, e axiña fas amigos", sinala cun sorriso.

É difícil que escolla unha paisaxe de todas as que conserva na retina, pero fica con Islandia, "porque é certo iso que din eles mesmos de que son unha terra de lume e xeo" e máis cos Picos de Europa, "que son unha continuación dos nosos Ancares", di.

Viaxar como o fai el "non resulta caro. É só cuestión de prioridades e en lugar de comprar un Iphone eu prefiro gastalo en viaxar", conta Anxo Castiñeira, quen viaxa pertrechado de todo o que se pode na súa moto: "tenda de campaña de menos corenta graos e saco de durmir. Tamén levo unha colchoneta e un forniño, aínda que ás veces tes que parar a durmir nun hotel porques tes que asearte e descansar nunha cama".

A súa vindeira viaxe está pendente por razóns obvias, pero sabe que quere facer unha coa súa filla de 15 anos, "porque lle gustan moito as historias que eu lle conto e quero que as poida vivir por ela mesma", sinala lembrando que «viaxar é a miña maneira de vivir» e iso que levou algún susto, como cando o estoupido da guerra en Sirio, que o pillou preto de Allepo.

O seu libro pódese mercar na Librería Bahía ou en www.libroslar.com, que o editou.

Anxo Castiñeira explica nun libro que viaxar é "a mellor...
Comentarios