"Ver saír o sol por encima da néboa é espectacular"

Roberto Morís, traballador de Alcoa e presidente da asociación Os Sendeiros de Foz, elixe o alto da Frouxeira como o seu recuncho do concello focego
roberto internet
photo_camera Roberto Morís, na Frouxeira. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O alto da Frouxeira, en Foz é un lugar onde se respira historia e natureza a parte iguais. E esas dúas partes son ás que apela Roberto Morís, traballador de Alcoa e presidente da asociación de sendeirismo Os Sendeiros de Foz, para elixilo como o seu recuncho no concello focego. Bueno, iso é que aínda garda na memoria a primeira vez que se achegou ata alá arriba con 10 anos cun grupo de amigos. "Xuntámonos e fomos monte a través hasta alá arriba, foi toda unha aventura", lembra. 

A aquela primeira vez seguíronlle moitas outras "porque as vistas dende alá arriba sobre a costa e sobre o val son moi fermosas". Tan fermosas que cautivan en calquera momento do día, sempre é cando haxa boa visibilidade para non perderse nada dunha comarca aos pés dun monte. Sen embargo, para Roberto hai un momento do día que resulta especialmente bonito: "O amencer cando sae o sol por encima do mar de nubes que forma a néboa é a vista máis bonita que se pode ter dende alí". 

E como amante do sendeirismo, A Frouxeira tamén é un sitio de referencia para Morís: "Nós fixemos moitas rutas que partían, pasaban ou remataban alí e, de feito, na Marcha Anual de Deportitas con Veteranía que organizamos dende a asociación para a ponte do Pilar a ruta central parte da Frouxeira".

É certo que a natureza o envolve todo na Frouxeira, pero tamén a historia porque no castelo medieval agora convertido en rochas foi onde se forxou parte da lenda do mariscal Pardo de Cela, unha figura indiscutible da nobleza medieval mariñá e tamén galega. "A fortaleza destruída que alí había dalle o seu encanto porque estás envolto por parte da historia da comarca", recoñece Roberto. 

A todo isto hai que sumar outro encanto de non pouca importancia. Pode ser que pola súa situación, é un sitio que aínda non rexistra moitas visitas onde os amantes da natureza encontran toda a paz que queiran. 

Comentarios