Os veciños de Celeiro volven concentrarse para reclamar que non peche a oficina bancaria

photo_camera Concentración en Celeiro. M.A.

Os veciños de Celeiro, en Viveiro, levaron a cabo este martes unha nova concentración para reclamar que non peche a oficina da localidade, que está previsto que se faga efectivo o 17 de marzo. 

É a segunda concentración que organizan os veciños, logo da celebrada o pasado luns, día 1. O xoves pasado reuníronse co xefe de zona de Abanca e coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, no Concello.

Tras a concentración desprazáronse ao monumento aos náufragos e alí leuse o comunicado que repartiron entre a veciñanza.

Comentarios