viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

Os veciños alertan do perigo de atropelo en varias rúas de Ribadeo

Unha das situacións das que se queixa a veciñanza.
Unha das situacións das que se queixa a veciñanza.
Piden que se prohíba aparcar porque non hai espazo dabondo e que en Trinidade se suprima o dobre sentido

Veciños de varias rúas do casco vello de Ribadeo, concretamente do entorno de Cabanela, Porcillán e Trinidade, solicítanlle ao alcalde, Fernando Suárez, que acometa unha serie de reformas de tráfico porque aseguran que actualmente hai serio perigo de atropelo para os veciños das vivendas desas rúas ou para os peóns que pasan por elas.

Unha delas é Amando Pérez, da que xa houbera queixas anteriormente porque os coches baixan ao peirao, en ocasións, demasiado rápido. Pero a iso engádese que se pode aparcar nunha zona entre Acevedo Rodríguez e Bispo Veres con beirarrúas dun metro escaso e ao mesmo nivel que a estrada, moi estreita tamén. Como os vehículos estacionan pegados aos números pares, é complicado camiñar ou mesmo entrar e saír das vivendas. A iso súmase o perigo dos vehículos máis anchos.

Piden, polo tanto, que se prohiba aparcar nese tramo. E aínda que din que se prexudicaría a uns poucos veciños, entenden que a seguridade está por riba e mesmo se lles poderían reservar espazos en zonas cercanas.

Na rúa Trinidade, cunha anchura media de pouco máis de dous metros, o problema é que é toda de dobre sentido de circulación, polo que explican que cando se cruzan dous vehículos, un ten que subir á beirarrúa ou ben dar marcha atrás, manobras que sinalan que son tamén claramente perigosas.

Os veciños, un deles Toni Deaño, din non comprender por que o alcalde permite que se dea esta situación, máis aínda tendo en conta que foi el o que impulsou moitas peonalizacións no centro urbán da vila ribadense.

Por iso din non entender por que se permite que continúe o estado de perigosidade nese núcleo de rúas sen tomar ningunha medida para remedialo malia ás peticións que xa se lle fixeron varias veces para tentar que lle poña unha solución.

Os veciños alertan do perigo de atropelo en varias rúas de Ribadeo