A variedade e a calidade distingue a ampla oferta cultural de Mondoñedo

Promoción ► A extensión de eventos a todo o ano é tamén un alicerce para que os visitantes se acheguen e coñezan o rico patrimonio material e inmaterial da cidade
Alcalde e autoridades nas San Lucas. EP
photo_camera Alcalde e autoridades nas San Lucas. EP

A oferta cultural é unha prioridade para o Concello de Mondoñedo "e por iso vimos incrementando notoriamente a programación ao longo de todo o ano, tanto en variedade como en calidade, potenciándoa así como un atractivo máis para que os turistas visiten a nosa cidade e coñezan o noso patrimonio material e inmaterial, pero tamén sendo conscientes da sensibilidade dos mindonienses a todo tipo de manifestacións artísticas", recuerda el concejal de Cultura, Alberto García.

Un edil que forma parte dun equipo de goberno, encabezado polo alcalde, Manuel Otero, e que se apostou dende o primeiro momento por potenciar dous dos eventos máis multitudinarios e de maior retorno económico, como son o Mercado Medieval, que se celebra durante tres días en agosto e As San Lucas, no mes de outubro. "Unha festa esta última que é un referente a nivel autonómico e das comunidades veciñas e case que podemos dicir que a nivel nacional", reiteran dende o equipo de gobierno popular. Unhas festas e feiras que se celebran dende 1156, o que lles converten nunha das citas máis antigas de España e onde os cabalos son os protagonistas da meirande parte de actos. Uns festexos que pechan o calendario na cidade, que se abre moitos meses antes, coas Quendas, en maio.

As San Lucas son as festas máis antigas de España e unha cita multitudinaria, xunto ao mercado medieval

Pulo a outras celebracións

Un impulso que se deu de forma paralela a outras celebracións "nas que críamos que había marxe para a mellora, así foi como se promocionaron as Festas dos Remedios, o Corpus, o Entroido, que estase a converter nun referente na comarca ou o Nadal coa súa decoración como un atractivo máis para o turismo", recorda el edil de Cultura.

O edil de Cultura, presentando Os Remedios. EP
O edil de Cultura, presentando Os Remedios. EP

Recalca tamén o concelleiro a colaboración que se presta dende o Concello para outros eventos, como son concentración de Motos, Festa da Árbore, Semana Santa, As Quendas, Xornadas do Peregrino, Festival MindoMúsica, Breson ou o magosto, ademais das diversas festas das parroquias e barrios.

"Axudamos a todas as entidades socioculturais do municipio para desenvolver os seus propios eventos, porque cremos nas súas posibilidades, ao mesmo tempo que favorecemos o establecemento no noso entorno de persoas con propostas e iniciativas culturais, apoiando o noso tecido cultural, como é o caso da recente apertura da Casa Santa Emilia, con actuacións musicais durante todo o ano", reitera Alberto García.

Promoción do Camiño Norte

Como etapa destacada do Camiño Norte son moitas e diversas as actuacións que se levan a cabo en Mondoñedo para a promoción da ruta xacobea, declarada Patrimonio Mundial da Unesco, como é a propia catedral, escenario de importantes concertos como o último de Amancio Prada.

Unhas actuacións que se completan con moitas outras, e de gran calado, polas que apostó Mondoñedo, como é caso de Milladoiro, a Orquestra Sinfónica de Galicia, Café Quijano, Américo, The Rapants ou Treixadura, entre outros moitas formacións.

Foi tamén Mondoñedo un concello pioneiro a nivel galego na reactivación cultural durante a pandemia, con eventos ao aire libre nas prazas, rúas e barrios da cidade, e tamén na organización de concertos, tanto de música galega, de música clásica, pop rock, a organización da primeira verbena piloto, así como de outro tipo de espectáculos artísticos: teatrais, cine, humor, contacontos infantís ou presentación de libros.

Actuación na Praza da Catedral de Mondoñedo. EP
Actuación na Praza da Catedral de Mondoñedo. EP

Preservar o legado do universal

Álvaro Cunqueiro Por outra banda, dende a posta en marcha por parte do goberno da Casa Museo Álvaro Cunqueiro potenciáronse diversos eventos arredor do escritor galego máis universal, como foi a celebración da Escola de Verán que leva o seu nome con estudosos e académicos, así como tamén a creación da distinción Cunqueiriano de Honra, a persoas destacadas no estudo e na divulgación da súa e figura.

O Premio Álvaro Cunqueiro de novela vén a sumarse tamén á consolidación doutros literarios, que se perpetúan na localidade mindoniense con fondos propios, como é o caso dos premios de poesía Leiras Pulpeiro para poetas nobeis e o Díaz Jácome, de narrativa curta.

Unhas propostas que se suman a actuación no rico patrimonio da cidade episcopal, con obras de mellora na catedral, na igrexa da Venerable Orden Terceira ou nas capelas de Guadalupe e San Lázaro.

Tamén é moi salientable a promoción da oferta cultural que se fai a través das redes, con Apps propias, páxinas web, un espazo en Minube e un código QR para orientar aos visitantes.