Usuarios e traballadores das residencias de Ribadeo, libres de coronavirus

A edil de Servizos Sociais recoñece "o esforzo que se está a facer" en materia de prevención
Tarefas de desinfección nunha das residencias de Ribadeo. CONCELLO
photo_camera Tarefas de desinfección nunha das residencias de Ribadeo. CONCELLO

Os usuarios e os traballadores do Hospital Asilo e do Centro de Atención a Persoas Maiores de Ribadeo deron negativo nos test do Covid-19 realizados durante os últimos días.

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, subliñou que se trata dunha gran nova e anunciou que as tarefas de desinfección nesas instalacións seguirán mentres dure o estado de alarma. "Alegrámonos de poder anunciar que ningunha das persoas vinculadas a estas dúas instalacións están infectadas polo Covid-19", destacou.

A edil ribadense recoñeceu "o esforzo que se está a facer tanto por parte da Deputación Provincial de Lugo como polo propio Concello de Ribadeo nas labores de prevención e desinfección das instalacións, tanto na súa parte interna como externa".

Pola súa parte, o alcalde, Fernando Suárez, fixo extensible este agradecemento ás relixiosas que están a cargo do Hospital Asilo.

Comentarios