Martes. 11.12.2018 |
El tiempo
Martes. 11.12.2018
El tiempo

Os turistas sorpréndense ao ver esmorecer entre as silvas o Stonehenge galego

Emilio Piñeiroa explicando o sábado a singularidade do enclave. MAR E MONTE
Emilio Piñeiroa explicando o sábado a singularidade do enclave. MAR E MONTE

Só un colectivo barreirense divulga o único círculo lícito da Idade do Bronce da España continental

A asociación Os Sendeiros de Foz visitou o sábado o xacemento prehistórico da Roda, na parroquia de Reinante, xunto a deceas de turistas provintes de Madrid, Barcelona, León e Asturias que viaxaron no bus cultural de Barreiros. O denominado Stonehenge galego ten 3.700 anos e trátase dun vestixio único na España continental que, pese a súa singularidade, esmorece entre as herbas, ao carón da autovía.

Algúns mariñáns descoñecen mesmo a existencia desde recurso que a Xunta empezou hai anos a estudar, pero que non se puxo en valor, nin parece interesar ás administracións. Os únicos que contribúen a divulgalo son os veciños, como o historiador Emilio Piñeiroa, que o sábado fixo de guía e o volverá facelo en agosto no mesmo lugar. Tamén o fan os organizadores do bus cultural de Barreiros, que promoven viaxes turísticas polo municipio con saídas cada sábado, ás once da mañá, dende o centro de saúde. A vindeira visita será á gandeiría Mantoño Holstein e comerán no Antigo.

Os turistas sorpréndense ao ver esmorecer entre as silvas o...
Comentarios