sábado. 28.05.2022 |
El tiempo
sábado. 28.05.2022
El tiempo

"A tranquilidade que dá faiche esquecer o mundo"

Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
José Ramón Seara, na fervenza. JOSÉ Mª ÁLVEZ
O responsable da agrupación de Protección Civil de Ourol, José Ramón Seara, elixe a fervenza do río Xestosa como o lugar máis bonito do municipio

O límite natural entre os concellos de Ourol e Muras, a fervenza do río Xestosa, é o punto do concello ourolés co que se queda José Ramón Seara, o responsable da agrupación local de Protección Civil, dentro do municipio. "Non é só pola fervenza en si, que é moi bonita, senón tamén o acceso que ten a través dun piñeiral", asegura e subliña que "a tranquilidade que se respira alí fai que te esquezas do mundo". 

A fervenza de Ourol, como se refire a ela Seara, ten un fácil acceso dende a carretera LU-540, que sube á Gañidoira. A carretera vella aínda estaba máis preto do acceso, pero variouse o trazado fai doce anos e agora queda algo máis afastado pero de tódolos xeitos está preto da carretera e a 500 metros da aldea vegana Ecovillage. "Fai uns anos só coñecía esta sitio a xente de Ourol, pero as fervenzas puxéronse de moda e agora están máis valoradas", asegura Seara, que destaca non só a caída de auga senón tamén o ruido que deixa no entorno é que converte o espazo nun remanso de paz e "a desembocadura que ten que é polo medio de árbores e tamén é moi bonita". 

Para achegarse ata ela, Seara recomenda facelo na primavera "porque a vexetación está máis bonita" e trae a forza da auga das chuvias do inverno, aínda que para el "está bonita sempre". "No inverno a cantidade de auga que baixa é espectacular, pero é evidente que o tempo non é o mellor para visitala porque chove e fai frío e tamén anoitece antes, pero no verán tamén é un bo momento para achegarse porque podes meterte no río e incluso organizar unha comida no entorno, que se está moi ben", asegura. 

Ademais de non perderse esta fervenza, quen se achegue ata Ourol debería subir á serra de Sabucedo, no límite entre as parroquias de Ourol e O Sixto. "A beleza da serra xa é espectacular e despois están as vistas que ten: nun día despexado pódese ver a ría de Viveiro, Viveiro e todo o val de Ourol e a parte sur de Muras e ata o concello de Mañón, xa na Coruña", engade Seara.

"A tranquilidade que dá faiche esquecer o mundo"
Comentarios