Publirreportaxe

Trabada priorizou os servizos sociais cun investimento de 850.000 euros

O goberno local aposta pola xente do rural e impulsa iniciativas dirixidas a mellorar a súa calidade de vida e que contribúan a fixar poboación no Concello

Presentación do servizo gratuíto a maiores, cunha furgoneta dinanciada pola Deputación de Lugo. DP
photo_camera Presentación do servizo gratuíto a maiores, cunha furgoneta dinanciada pola Deputación de Lugo. DP

A ACCESIBILIDADE aos servicios básicos é unha cuestión esencial, que esixe establecer prioridades e dotar económicamente o custe destes servicios nos orzamentos municipais, dado que os recursos son limitados. Por iso dende o Equipo de Goberno apostamos pola xente do rural, temos que seguir impulsando iniciativas que contribúan a mellorar a súa calidade, e sobre todo, a fixar poboación no Concello.

Como por exemplo os servizos de atención aos maiores, programas de conciliación laboral e familiar, así como dispoñer dunha axenda de ocio durante todo o ano, son algunhas das propostas que promovemos dende o Concello. E que estamos convencidos, contribúen a conseguir a sostenibilidade económica, social e medioambiental dos territorios en risco de despoboación, e a crear as condicións para que os nosos pobos sexan atractivos para traballar e vivir.

As mulleres xogamos un papel fundamental no rural, exercemos funcións de vital importancia para o mantemento da sociedade rural no territorio. Dende o Concello destinamos máis de 850.000 euros neste mandato a estes servicios.

Atención aos maiores

Dende o momento cero, este goberno tomou medidas para dotar dunha mellor atención aos maiores. Hai catro traballadoras máis adscritas ao servizo de axuda no fogar, incrementando así nun 60% o número de horas destinadas á atención dos nosos maiores a día de hoxe, con respecto ao 2015, incrementando unha media de 500 horas de atención ao mes.

Ademais organizamos charlas para mellorar a súa seguridade e a saúde dos nosos maiores, puxemos en marcha os programas de avellentamento activo e de terapia ocupacional nas parroquias, o que nos permite chegar a un maior número de veciños e veciñas, para fomentar a autonomía dos nosos maiores e que poidan disfrutar do seu tempo de ocio, logo de toda unha vida adicada ao traballo e o coidado da familia.

Neste mandato tamén rematamos as obras e equipamos o centro de atención de maiores e traballamos arreo para lograr a súa apertura. Unha prioridade tanto do Presidente da Diputación, como da alcaldesa. Foron múltiples as reunións que mantivemos cos técnicos do Concello, Diputación e outros Concellos implicados; foron múltiples o número de horas de traballo adicadas a facer toda a tramitación administrativa e que dende fóra non se ven.

Por exemplo: houbo que aprobar todo un réxime xurídico do servicio. Isto sona lonxano pero é o sistema polo que se prestará (totalmente público, do Concello e Deputación de forma directa, o réxime de dereitos dos usuarios, o sistema de selección das persoas para que entren na mesma, etc... cousas que son esenciais, pero que necesitan informes, contrainformes, aprobacións plenarias e moitísimas horas de traballo. Houbo que contratar unha cociña. Eu non quería catering para á miña xente. Os pregos xa están, non os impugnou axeitadamente ninguén, e xa está a proposta de adxudicación.

Nos vindeiros días comenzarase ca selección de usuarios. Xa se abren as listas para que a xente poida solicitar prazas... E é onde todo ese traballo deste último ano empeza a dar os seus froitos, poñendo a disposición dos veciños estas instalacións que tanto necesitan.

Os nosos veciños desfrutan do servizo de teleasistencia gratuíta que ofrece a Deputación, e no que atenden a 21 usuarios da vila.

O envellecemento poboacional é un dos retos colectivos máis importantes que temos no noso Concello. Este reto sempre está ligado coa falta de servizos que fan que as persoas abandonen os núcleos rurais. Nese senso puxemos en marcha o servizo de transporte gratuíto dentro do termo municipal, para facer as xestións cotiás que requiran, como acudir ao centro de saúde, consistorio, dependencias bancarias, supermercados, mercados, farmacia... 

Infancia

En canto a medidas de conciliación da vida laboral e familiar puxemos en marcha diferentes programas dende que chegamos ao goberno, coa finalidade de darlles as mesmas oportunidade aos nenos dos concellos rurais, que aos de os concellos máis grandes. Dende o Goberno Municipal consideramos unha prioridade o fomento de programas de conciliación laboral e familiar coa finalidade de mellorar a calidade de vida das familias do noso Concello.

Este é un programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia, co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades, e naceu co obxectivo de poñer en marcha o programa de conciliación laboral e familiar, como unha medida responsable que evite a despoboación, fomentando a natalidade e mellorando a situación educativa dos nenos do municipio como principal riqueza de calquera sociedade moderna. Durante o período lectivo lévase a cabo de 16.00 a 20.00 horas e durante os períodos non lectivos realízase pola mañá.

Tamén puxemos en marcha un programa de axudas ás familias. Aprobáronse convocatorias de axudas ás familias para a adquisición de libros de texto e material escolar de alumnos/as de educación infantil do Ceip Celso Currás, e tamén para o transporte escolar de alumnos do Concello que cursan estudos postobrigatorios fóra do municipio, co obxectivo de facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación. Coa finalidade de compensar ás familias que polas súas condicións socioeconómicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos.

Tamén se aprobaron outras para o fomento da natalidade das persoas residentes e empadroadas no Concello, xa que o descenso da poboación, do índice de natalidade e do movemento da poboación cara os núcleos urbanos é unha constante na maioría dos concellos de Galicia, e como non, tamén neste.

Estas axudas son outra mostra máis de que somos un goberno sensible coas necesidades dos nosos veciños e que eles son os protagonistas da nosa acción política, que apostamos por axudar ás familias e con elo, aos nosos nenos, que son o futuro do noso Concello.

Punto de atención á infancia

O Concello de Trabada está realizando as obras de adecuación das aulas de parvuliños para facer un punto de atención á infancia, financiado polo Plan ünico da Deputación. 

Xuventude

A Xuventude é un dos motores deste Concello, estamos moi orgulloso de todos eles. Puxemos en marcha andainas, un programa de noites alternativas con xogos de mesa na biblioteca municipal, participamos en conxunto con outros Concellos con xornadas de educación afectiva e de prevención de drogodependencias nos institutos, organizamos excursións...

Poboación en xeral

Outra das prioridades deste goberno é o fomento do deporte e de hábitos de vida saudables, porque para nós é moi importante ofrecer, dende a administración local, diferentes actividades culturais, deportivas, ou de ocio...

Porque queremos que os nosos veciños e veciñas teñan as mesmas oportunidades con independencia do lugar no que vivan, ofrecemos este servizo.

Este nova opción de ocio está dirixida á toda a poboación, xa que a natación é un deporte recomendado para todas as idades e tamén para paliar determinadas patoloxías. Ademáis desto, tamén puxemos en marcha diferentes actividades deportivas, como zumba ou ximnasia de mantemento, e o ximnasio conta cun monitor deportivo.

En definitiva, demostramos que con vontade, traballo e xestión podemos poñer en marcha novas iniciativas que contribúen a mellorar a calidade de vida de todos os veciños do noso pobo. Un pobo grande, porque igual que unha persoa non se mide pola súa altura, un pobo non se mide polo número de veciños; mídese polas súas tradicións, pola súa hospitalidade, polo seu traballo, polos seus valores, e é aí onde grazas a todos os veciños, Trabada é grande.

Más en A Mariña