Trabada ofrece 400 euros por nacemento aos empadroados no municipio

os proxenitores deberan estar empadroados no municipio un ano antes do alumbramento ou empadroar canto antes o cativo

Los pies de un bebé.AEP
photo_camera Los pies de un bebé. AEP

Os pais que acaben de ter un fillo na localidade trabadense poden solicitar, ata que remate o ano, a axuda que ofrece o Concello de 400 euros. Para iso, os proxenitores deberan estar empadroados no municipio un ano antes do alumbramento ou empadroar canto antes o cativo. As bases tamén inclúen outros 400 euros «posteriormente coa matriculación no colexio público».

Tamén poden optar ás subvencións os adoptantes de menores de ata seis anos de idade.

O boletín oficial da provincia fixo onte públicas as axudas de diverso tipo que habilitou o Concello, que rixe a alcaldesa socialista Mayra García.

Outras están pensadas para que as familias podan mercar, no pequeno comercio, libros e material escolar para o segundo ciclo de Educación Infantil do Ceip Celso Currás. Os pais de alumnos, que sexan menores de 30 anos e que cursen estudios fóra tamén disporán de axudas para o transporte.

Hai outras subvencións para propietarios de vivendas illadas da rede de alcantarillado, para que instalen sistemas de depuración de augas residuais domésticas, mediante foxas sépticas. E outras para que os propietarios de explotacións agrícolas ou gandeiras podan contratar xornaleiros ou empresas, temporalmente.

Comentarios