lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

Tomé reclama á Xunta que "se deixe de fotos" e se implique con Vestas

José Tomé. AEP
José Tomé. ARQUIVO
Subliña que o Goberno galego ten transferidas as competencias e lamenta que tras décadas non exista un plan industrial para A Mariña e a comunidade

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou este martes aos representantes da Xunta que se deixen de fotos e de declaracións" e se "impliquen dunha vez" na procura dunha solución que permita o mantemento dos empregos na fábrica de aeroxeradores de Vestas en Viveiro.

En declaracións aos medios de comunicación, antes de participar no pleno ordinario da Deputación, Tomé apuntou que o que está a suceder coa fábrica de aeroxeradores, un centro de traballo que Vestas pretende pechar a final de ano, "non é competencia do Goberno".

► Máis información: Un adeus cheo de paradoxos

 

Recordou que a Xunta ten "transferidas as competencias", polo que lle pediu que busque "algún tipo de solución" para que non se sigan perdendo empregos industriais en Galicia, en xeral, e na Mariña, en particular. "Non sabemos nada da súa folla de ruta", insistiu Tomé, quen lamentou que "logo de 33 anos" non exista "un plan industrial" para Galicia, nin para A Mariña. Desde o seu punto de vista, o Goberno galego demostrou unha "inutilidade absoluta" neste ámbito.

Tomé quixo expresar "toda a solidariedade" da institución cos traballadores afectados por esta decisión da multinacional.

Tomé reclama á Xunta que "se deixe de fotos" e se implique con Vestas
Comentarios