Suspendida a romería da virxe de Fátima en Bravos, do concello de Ourol

O decreto 10 do Bispado de Mondoñedo-Ferrol recolle a imposibilidade de facer este tipo de actos relixiosos
photo_camera Romería de Bravos nunha edición pasada. AMA

A romaxe de Fátima, que se celebra cada 13 de maio na localidade de Bravos, do concello de Ourol, foi suspendida, debido a que a falta de aforo do templo impide o seu desenvolvemento.

Trátase dunha celebración de grande arraigo na zona occidental da Mariña e tamén fóra dela, pois acode moita xente dende distintos puntos da comarca e incluso dende Ferrol, a causa da fonda crenza que teñen na imaxe da virxe que acubilla o templo, á que se atribúen alomenos tres miragres.

En Viveiro e na súa contorna teñen por tradición ir a pé ata a devandita igrexa de Bravos, onde lle fan ofrendas á virxe, ademáis de imponerse o santo e asistir a alguna das misas que se fan, algo que este ano non será posible por mor do Covid-19 e as medidas de distanciamento social que conleva.

O decreto 10 das normas xerais do Bispado de Mondoñedo-Ferrol recolle a imposibilidade de facer actos relixiosos, romerías, novenas e tamén funerais nos templos sen capacidade dabondo. Exemplo disto é que os domingos na zona occidental só abren as das localidades de Xove, O Vicedo, Covas, Celeiro e Viveiro. En Ourol non hai misa en ninguna polas súas reducidas dimensións.

As igrexas que abren agora son precisamente as meirandes e fano con medidas hixiénicas de protección, dende máscaras ata xel, pero ademáis despois de cada culto deben ser desinfectadas.

Comentarios