Somos unha Área Viveiro acorda manter as protestas contra a reforma da Lei de Saúde

As concentracións levaranse a cabo os días de pleno diante do consistorio

Asamblea de Somos unha Área Viveiro. EP
photo_camera Asamblea de Somos unha Área Viveiro. EP

O colectivo Somos unha Área Viveiro acordou este xoves en asamblea manter as protestas en rexeitamente da reforma da Lei de Saúde.

As concentracións levaranse a cabo diante da casa consistorial de Viveiro os días que se celebren plenos municipais.

"Que non conten nunca con desmantelar a sanidade e que o pobo de Viveiro quede calado",  indicou o colectivo a través dun comunicado.

Comentarios