Os socorristas de Barreiros ameazan con deixar o traballo por non sentirse apoiados

Os efectivos, segundo lle trasladaron ao voceiro do PP este xoves pola mañá, non se senten apoiados e "vense ante unha situación de total indefensión e que repercute nos bañistas”

Playas del litoral barreirense. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Praias do litoral barreirense. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O líder do Partido Popular de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, alertou de que os socorristas que prestan o seu servizo nos areais deste municipio, “están a piques de abandonar os seus postos de traballo debido á descoordinación que existe entre o coordinador do servizo e os responsables do Concello”. Tal é así, que estes profesionais, por mor do “ninguneo” do equipo de goberno, e segundo o escrito que se adxunta, non desbotan a posibilidade de recurrir á vía xudicial no caso de que a entidade local non subsane a situación.

Estes efectivos mantiveron na mañá do xoves unha xuntanza coa alcaldesa, Ana Ermida, para trasladarlle esta cuestión, que vén motivada pola modificación do acordo ao que chegaron co coordinador nas horas extras pactadas inicialmente, e que obrigou ao servizo a pechar un total de 6 das 13 praias coas que conta o Concello, deixando a algún compañeiro sen apoio.

A maiores, tamén trasladaron á nacionalista que carecen dos medios necesarios despois de tres semanas de traballo e tampouco teñen casetos onde realizar curas e refuxiarse, así como agua corriente.

O PARTIDO POPULAR. Segundo fontes do Partido Popular, os profesionais trasladáronlle ao partido que "non se senten apoiados" e que se ven "ante unha situación de total indefensión e que repercute nos bañistas”, polo que están barallando a posibilidade de renunciar ao contrato.

Comentarios