Os socialistas do Valadouro demandan á Xunta o "arranxo urxente" da LU-163

O alcalde remitiu un escrito á Consellería ante o deterioro da estrada, especialmente no casco urbano
A LU-163, ao seu paso polo Valadouro. EP
photo_camera A LU-163, ao seu paso polo Valadouro. EP

O alcalde de O Valadouro, o socialista Edmundo Maseda, reclamou este mércores o "arranxo urxente" da estrada LU-163, que transcorre polo casco urbano da localidade mariñá en dirección a Cangas de Foz.

Nun escrito enviado á Consellería de Infraestruturas, o PSOE sinala que “a estrada atópase moi deteriorada, principalmente no inicio, é dicir ao seu paso polo casco urbano, dando unha imaxe impropia da vila".

Por iso, os socialistas do Valadouro lamentan "a escasa implicación"do Goberno de Feijóo na Mariña, e, máis concretamente, no municipio, "onde os investimentos do PP brillan pola súa ausencia". "Aquí só veñen a pasear e a sacar fotos, e por suposto, a torpedear todos os proxectos de futuro deste Concello como por exemplo a creación do parque empresarial”, indican.

Comentarios