A sexta edición do festival de música clásica Bal y Gay focego empeza este sábado

Haberá actuacións musicais até o vindeiro xoves
Festival Bal y Gay en pasadas ediciones. EP
photo_camera Peche do festival Bal y Gay o pasado ano. EP

A música clásica será a protagonista durante os vindeiros días na localidade de Foz grazas ao festival Bal y Gay, que trae ao municipio focego unha ampla variedade de grupos de renome tanto a nivel nacional como internacional.

O sábado abrirá a serie de actuacións o grupo El Afecto Ilustrado cos seus ritmos barrocos inspirados na música inglesa do siglo XVII. Actuarán ás nove da noite na igrexa parroquial e a entrada será gratuíta. O domingo será a quenda de Noelia Rodiles, que interpretará ao piano obras de Mendelssohm, Schuman, Rueda e del Puerto.

O concerto será a partir das oito da noite no Pazo de Fontao. Arcos Iris dará unha actuación didáctica o luns na Sala Bahía ás seis e media da tarde e a entrada custará seis euros. O próximo martes a agrupación Ensemble Bal y Gay deleitará ao seu público con obras de Beethoven e de Mozart. O mércores terá lugar unha conferencia concerto a cargo de Enrique Rodríguez e de Luis Cámara, que tocará o clarinete. A entrada é libre e será na casa da cultura ás oito e media da tarde.

O prato forte chega o próximo xoves co cuarteto Casals, que actuará ás oito e media da tarde na basílica de San Martiño. A directora artística do evento, Alba Rodríguez, destaca a esta agrupación porque "están por las grandes salas de España y hace ya 7 años que no vienen a Galicia y nunca habían estado en la provincia".

Comentarios