Sargadelos rinde homenaxe aos Beatles coa súa nova peza

A firma recoñece a importancia das xeracións que se viron influenciadas pola música do grupo de Liverpool
Imaxe do submarino Elesede-51. SARGADELOS
photo_camera Imaxe do 'submarino Elesede-51'. SARGADELOS

A firma mariñana Sargadelos anunciou a creación dunha nova peza que ten como protagonistas ao grupo The Beatles, e máis concretamente á súa canción The yellow submarine. E faino aproveitando a efeméride da estrea da película que leva o mesmo nome do tema, e que foi lanzada en xullo de 1968.

Desta maneira, Sargadelos busca "render tributo a unhas xeracións que, na súa inxenuidade, pretenderon cambiar o mundo" e que "intentaron abrir novos camiños á liberdade co seu entusiasmo pola vida e a súa paixón pola música", segundo afirman nun comunicado.

A peza –bautizada co nome de submarino Elesede-51– únese así a Psicodelia, presentada en homenaxe a Pink Floyd no ano 2016, e que reforza a intención da empresa de "abrir" o seu labor ao mundo sen perder as súas raíces galegas.

Más en A Mariña
Comentarios