Rosalía Castro: "Fíxome moita ilusión que me chamaran para participar na promoción da Mariña"

A intérprete burelesa goza dun pequeno descanso na súa vila natal a un mes de estrear O charco de Ulises, unha obra do Centro Dramático Galego para a que se tivo que mudar en outubro a Santiago desde Madrid. Aínda que tamén traballou nos últimos anos en cine e televisión, asegura que é no teatro onde se sente máis realizada como actriz
Rosalía Castro.EP
photo_camera Rosalía Castro.EP

A actriz mariñá Rosalía Castro (Burela, 1985) descansa estes díasna súa localidade natal despois de dous meses de traballo intenso en Santiago de Compostela, cidade áque se mudou desde Madrid para traballar co Centro Dramático Galego (CDG) na obra O charco de Ulises, que dirixen Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, este último facendo tamén os labores de dramaturgo.

Cando estrearán e que papel desempeñana obra?

Estreamos o 14 de xaneiro no SalónTeatro en Santiago de Compostela, que é a sede do CDG, e estaremos todo o mes representando alí. O charco de Ulises é unha versión da Odisea de Homero. Eu fago unha personaxe moi chula que se chama Circe e vén sendo unha feiticeira que embelesa a Ulises nasúa viaxe cara a Ítaca.

Xa remataron de ensaiar ou aíndalles queda traballo por diante?

Rematamos agora os ensaios e agora temos un pequeno parón de vacacións, que vou aproveitar para estar en Burela coa familia e, se se pode, ao mellor tamén fago unha escapada a Madrid, onde segue vivindo a miña parella. Logo, o día 11 de xaneiro retomamos o traballo cos ensaios xerais para estrear o 14. Vai ser un mes un pouco estraño, pero darémolo todo.

E logo xirarán polo resto de Galicia ou só se poderá ver en Santiago?

Temos prevista unha xira para o outono próximo e é posible que na primavera e no verán, se hai sorte e se normaliza todo un pouco, poidamos facer algunha función nalgún festival. Isto está aínda no aire, pero normalmente soe ser en Galicia. As datas do outono tampouco están pechadas aínda, pero esa xira si se vai facer case seguro en novembro.

A pandemia tamén lles está afectandomoito a nivel profesional?

Si, a verdade é que si. Sempre estás con moita incertidume do que poida pasar cando entras nun proxecto novo como foi neste caso. Comezamos os ensaios en outubro e o primeiro que nos fixeron foron os test, temos que ensaiar con máscaras e é moi incómodo falar e moverse con elas postas, porque ao final non deixa de ser tamén un exercicio físico. Pero temos que tomar estas precaucións porque se alguén se contaxia hai moi pouca marxe para que sexa substituído por outro actor en pouco tempo. Cada 15 días facemos test e temos que intentar non quedar con demasiada xente, así que nos últimos meses basicamente estiven cos compañeiros de reparto e o mínimo coa familia e algún amigo. Se alguén dá positivo pode ser un follón moi grande para o grupo.

Son un equipo moi grande?

Enriba do escenario somos dez actrices e actores máis un músico en escea. E logo están os dous directores, iluminadores, técnicos de son e o resto do equipo. O charco de Ulises é unha obra moi coral e traballamos moito en grupo. Foi moi bonito ver como cada un se imaxinaba a súa personaxe desde o comezo de todo porque os directores deixáronos moito creara nosa propia fórmula.

Está traballando nalgún outroproxecto ou de momento está moicentrada nesta obra?

Agora mesmo estou envorcada nisto e ideando algunha cousiñade cara ao ano que vén. A pandemiacolleume no medio dunha representaciónque estreáramos enxaneiro, que se parou en seco e naque íamos ter bastante lío durantetodo o verán. A ver se podo recuperaro tempo perdido en distintos proxectos, pero de momento estátodo un pouco en stand by.

Tamén fixo algunha aparición enseries de televisión, pero que lle atrae máis?

O certo é que me gusta a interpretación en todos os ámbitos, pero seguramente é no teatro onde me sinto mellor e máis realizada. É onde se elabora máis unha personaxe porque hai máis traballo de fondo, de investigación e de equipo. Encántame ter moito tempo para traballar coa xente e na televisión iso vai máis rápido. De todos modos, a televisión tamén me gusta moito porque tes a capacidadede expresar doutra maneira e traballas outras técnicas. Disfruto en case todo o que fago, pero foi no teatro onde máis me formei e onde me parece máis gratificante ensaiar e traballar.

Cales foron os seus últimos papeisen televisión e cine?

En televisión estiven nunha trama de seis capítulos dentro da derradeira temporada de Serramoura, na TVG. Era unha personaxe un pouco enigmática e con algo de dualidade, que parece que sempre me dan papeis así en Galicia (ri). En cine aínda non fixen moitas cousas, pero participei nunha curta que se titula Mouras e que nos está dando bastantes alegrías a nivel internacional. Dirixiuna Olga Osorio, está sendo moi visualizada e premiada e con ela tiven o privilexio de levar o premio á mellor actriz de curtas no festival de cine de Ourense

Tamén lle puxo voz á última campaña turística de Viveiro. Que pensen nunha e a chamen como quen di da casa para facer un traballo, sempre é bonito.

Si, fíxome moita ilusión porque, ademais, promocionar A Mariña, que é a miña zona, foi marabilloso. Estaba tranquilamente nomeu estudo de gravación de Madrid,porque fago algo de locución como audiolibros para a Once e tamén poño voz a cuñas de radios e anuncios de televisión, e o certo é que foi moito máis gratificante que outros traballos e tamén máis inesperado. Tiña moitas ganas de que a xente se animase a vir á Mariña e romper a barreira de achegarse aquí no verán. A verdade é que me motivei moito (ri).

Ten algún outro proxecto de locucióna curto prazo?

De momento non porque nese eido está todo bastante parado.

"A ver se nos próximos meses abren un pouco a man en Galicia e aumentan os aforos"

Ademais da incomodidadede ter que ensaiar con máscaras, os profesionais da interpretación tamén sofren polas restricións de aforo nos seus espectáculos, por máis que insistan en que non se están producindo contaxios en teatros e outros espazos.

Canta xente poderá ir ao estreo de O charco de Ulises?

Pois aínda non o sabemos. Agora mesmo só poderían entrar 50 persoas, pero gustaríanos que foran máis. Neste aspecto en Galicia están sendo bastante máis duros que en Madrid, por exemplo, onde agora pode entrar o 75% do aforo dos recintos. Non ten sentido que en teatros con moita capacidadeentre o mesmo número de persoas que noutros máis pequenos. A ver se nos próximos meses se vai retomando a normalidade e abren un pouco a man, porque ás veces parece que queren acabar coa cultura,cando é totalmente segura.

Comentarios