O cantante e compositor Roi Casal vén de presentar Xunto a ti, o primeiro single do seu novo traballo discográfico. O videoclip do tema contén escenas en Cervo, que foron gravadas a principios de mes no Paseo dos Namorados e na Fervenza de Sargadelos.
O vídeo conta coa participación da actriz galega Beatriz Serén e está dirixido polo cineasta galego Virvi Fraga.
Casal recoñecía fai uns días que elexira Cervo para gravar este traballo para agradecer o cariño que sempre recibe no municipio e polo que significa Sargadelos na cultura galega.