jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Roberto Vilar mostra o seu apoio á Mariña: "Hai que solucionar isto; son moitas vidas"

Roberto Vilar. TWITTER
Roberto Vilar. TWITTER

"Alcoa e Vestas dan futuro aos que nacemos alí", apuntou o humorista xovense nas súas redes sociais

O humorista xovense Roberto Vilar quixo mostrar o seu apoio aos "veciños" da Mariña que participaron este mércores na folga para reclamar unha solución á crise industrial que está sufrindo a comarca.

"Alcoa e Vestas dan moito traballo directo e indirecto a moita xente. Pero á parte do traballo, dan futuro aos que nacemos alí. Sen esas empresas complícasenos moito o futuro á xente da Mariña", explicou Vilar nun vídeo que compartiu nas súas redes sociais.

Tras lanzar unha mensaxe de ánimo aos que fixeron folga "e están loitando", instou "á xente que pode solucionar isto" a que "faga algo rápido". "Ten que ser xa porque son moitas vidas. Unha comarca enteira depende diso", apuntou o presentador de Land Rober e Quen anda aí?
 

Roberto Vilar mostra o seu apoio á Mariña: "Hai que solucionar...
Comentarios