Domingo. 16.12.2018 |
El tiempo
Domingo. 16.12.2018
El tiempo

Riotorto invita a tapear o venres e o sábado sen esquecer o tirón de Hollywood

De esquerda a dereita: tapas do Mesón Novo América, Casa Rodil, bar Ao Volante, Casa Rivas e pastel de Confitería Irma. J.M.ÁLVEZ
De esquerda a dereita: tapas do Mesón Novo América, Casa Rodil, bar Ao Volante, Casa Rivas e pastel de Confitería Irma. J.M.ÁLVEZ

O pisto de Casa Rivas é un guiño ao paso por Talavera de Gwyneth Paltrow, actriz que recomendou a localidade mariñá

A localidade riotortense estivo en boca de todos estes días pola recomendación da actriz Gwyneth Paltrow de mercar unha aldea abandonada para vivir na zona e agora volverá estar no padal de todo o mundo pola súa cuarta Ruta de Tapas, que comeza mañá venres, a partires das oito do serán, e que continúa ata ben entrada a noite do sábado, 1 de decembro.

Cinco establecementos hostaleiros do casco urbán das Rodrigas preparan centos de delicias que se van poder probar a dous euros. Os clientes cubrirán unha papeleta, que meterán nunha urna, para participar no sorteo de 100 e 200 euros e doutros tres premios de 50 euros en queixos de Don Hilario, Cárnicos O Mazo e en produtos da panadaría Carteire.

Tapa do Mesón Novo América, de Riotorto. ÁLVEZ

Beatriz Díaz, do Mesón Novo América, preparouse para comezar con 250 tapas de xarrete en salsa con setas. Sandra Acebrás, de Casa Rodil, ofrece as súas "alas de polo aos cen allos" e no Café Bar Ao Volante, Alberto Ramallal e Almudena López farán as delicias dos presentes elaborando entre 350 e 500 preparados de carrilleiras ao viño tinto. Tamén tentarán á sorte vendendo lotería de Nadal rematada en tres setes, 86777, que é o número ao que xogan sempre.

Tapa do Bar Ao Volante, de Riotorto. ÁLVEZcasa rodil tapas002

Tapa do Mesón Novo América, de Riotorto. ÁLVEZTapa de Casa Rivas. EPMartín Rivas está á fronte dun dos escasos bares con ultramarinos que quedan na provincia e que fundaron en 1982 os seus pais José Rivas e Josefa Tomé ao regresar da emigración en Alemaña. "O ano pasado fixemos un prato asturiano e saíu ben e desta vez, coincidindo que nos últimos días o pobo de Riotorto estivo en boca de todos polo caso Gywneth Paltrow e a súa posible visita, elaboramos unha tapa típica de Toledo, lugar no que ela estivo unha tempada. Se ela aparece poderiamos agasallala con algo que seguro que coñecerá ás mil marabillas", puntualiza o empresario, que optou por un pisto manchego serrano.

A nota doce vaina poñer a Confitería Irma, un negocio creado en 1935, cando Irma Gutiérrez e o seu marido volveron de Bos Aires. De feito, a súa herdeira, Teresa Canto, aínda usa unha batidora de principios de século grazas á excelente reparación que lle fixera un torneiro de metal da Pontenova. Nestas datas é cando máis venden a súa especial tarta de améndoa, pero fan un oco para ofrecer unha delicia en forma de barca de follado con crema, froitos vermellos e fíos de chocolate.

Tapa da Confitaría Irma. ÁLVEZ

"Esta ruta supón fomentar os productos locais e promocionar os establecementos hostaleiros do municipio", matiza o alcalde, Clemente Iglesias: "Temos bos produtos da horta, que combinados cos produtos cárnicos da zona forman un complemento perfecto para unhas tapas deliciosas".

Riotorto invita a tapear o venres e o sábado sen esquecer o tirón...
Comentarios